martes, 29 de noviembre de 2011

ALIMENTA ILUSIONS.


Club Deportivo Velle e a Asociación Xuvenil Amencer, poñen en marcha “Alimenta ilusións”, campaña que ten como obxectivo reunir a maior cantidade posible de kilos de comida e xoguetes, para as familias máis necesitadas da nosa provincia.

A campaña dará comezo o venres 25 de novembro, e finaliza o luns 19 de decembro. Neste espazo de tempo, todos aqueles xogadores, socios, simpatizantes ou entidades que desexen depositar o seu “kilo” ou “xoguete”, deben achegarse o campo de fútbol de Velle, e depositar no lugar destinado o efecto, alimentos enmarcados dentro da campaña “un kilo” (botellas de aceite, cartóns de leite, paquetes de pasta, arroz, legumes, turróns, etc), que axuden a paliar a crise que están a sufrir moitas familias.

Dende o Club e a Asociación Amencer, tamén solicitamos os nosos xogadores, nais e pais, que nos acheguedes a Velle, aqueles xoguetes olvidados, gardados ou arrinconados nun armario, eses xoguetes que nas mans doutro neno máis necesitado, sirvan para arrincarlle un sorriso e despertar a súa ilusión, a procura de que ningún cativo se quede sin xoguete neste Nadal.


Temos que pasar das verbas os feitos na ensinanza dos valores, dentro da formación que a Escola de fútbol de Club Deportivo Velle pretende dar os seus xogadores. Un valor fundamental como é a solidaridade, debe presidir calquer deporte colectivo, aprendendo a compartir con quen menos ten e ensinar os nenos a ser solidarios, e como non, os maiores, non vos olvidedes de colaborar con quen máis o precisa.

Entre todos temos que sumar, ALIMENTA ILUSIÓNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario